XVIII Carreira Pedrestre de Lestrobe (Dodro)

2023-12-02 13:13:31

O pasado 12 de outubro de 2023, a Asociación de Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e Sar A Orixe prestou colaboración na organización da XVIII Carreira Pedestre de Lestrobe (Dodro).

A Asociación de Amigos do Camiño de Santiago Barbanza e Sar A Orixe e o Concello de Dodro colaboran a través de un convenio. Esta colaboración remóntase ó ano 2022, no cal, as 2 entidades asinaron o primeiro convenio que marcou as cláusulas de colaboración.

Neste ano 2023 renovouse a formalización do convenio. Grazas ó cal poden producir se este tipo de accións en conxunto que redundan no interese común.

A Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e Sar "A Orixe", creada no ano 2017, nace co obxectivo de promover e defender o patrimonio Xacobeo, así como a promoción e difusión da ruta desde o Faro de Corrubedo ata Santiago de Compostela. Neste treito, unha etapa discurre polo Concello de Dodro, poñendo en valor o territorio, dando a coñecer o municipio e xerando novas oportunidades que xurden da dinamización que provoca a acción da "Orixe".

Seguindo esta liña, ante a necesidade do Concello de Dodro de contar con recursos humanos para as tarefas que implica a organización dunha proba deportiva como a que nos ocupa, puido contar coa axuda da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago Barbanza e Sar "A Orixe".

Ante esta ocasión, o persoal que se achegou da "Orixe" realizou as tarefas de avituallamento da proba deportiva na que participaron máis de 400 persoas. Aproveitando a oportunidade realizou campaña de difusión e publicidade da existencia da asociación así como de promoción da ruta xacobea.