Un grupo do concello de Dodro comeza o Camiño A Orixe
2024-03-16 23:35:50Este sábado, 16 de marzo, un grupo do Concello de Dodro comezou o Camiño A Orixe dende o Faro de Corrubedo. Está previsto que realicen o percorrido ata Padrón distribuido en 6 etapas os días 16 e 23 de marzo, 13, 20 e 27 de abril e 4 de maio.
Nesta primeira etapa andiveron unha distancia aproximada de 18 km visitando a vila de Corrubedo, o Parque Natural de Corrubedo podendo disfrutar das dunas, a flora e a fauna das lagoas de Carregal e Vixán e praias únicas como as de A Ladeira ou o Vilar para rematar ó pé da Capela de A Guía en Carreira.