Subvención dende o Concello de Dodro á Asociación A ORIXE

2025-12-03 16:08:24

O Concello de Dodro concedeu unha subvención á Asociación Amigos do Camiño de Barbanza e Sar A Orixe pola súa labor de colaboración co municipio. A axuda permitirá desenvolver diversas actividades destinadas a promover o Camiño de Santiago nese concello, reforzando a posta en valor desta ruta histórica.