A Orixe: a diabetes, un camiño de vida
2024-04-26 09:54:36"A Orixe: a diabetes, un camiño de vida" Este é o nome da exposición fotográfica que chega á casa da cultura Raquel Fernández Soler da man da Asociación de nenas, nenos e xente nova con diabetes (Anedia), coa colaboración da Asociación Amigos do Camiño de Santiago do Barbanza e do Sar A Orixe.
Pretende amosa-la realidade das persoas con diabetes e as súas familias dende ese punto de partida que representa o diagnóstico, dende a orixe, para retrata-las diferentes etapas desa nova senda por percorrer.
A mostra integrada por 24 imaxes permanece ata o día 7 de maio na dita instalación municipal, coas visitas no horario das 11.00 ás 13.30 e das 17.00 ás 20.00 horas.
Vía: Concello de A Pobra do Caramiñal